luns, 15 de setembro de 2014

Liberdade Alfon e Solidariedade con todas as presas políticas.

O próximo martes 16 de setembro convocouse con carácter internacional unha CONCENTRACIÓN ás 19 H fronte á Subdelegación de Goberno de Ourense
(R/Parque San Lázaro-1) en defensa da LIBERDADE DE ALFON e en SOLIDARIEDADE CON TODAS AS PRESAS POLÍTICAS.

O xuízo de Alfon, o xoven vallecano de 22 anos xa ten data e será o próximo día 18 de setembro. Alfon foi detido ao saír da súa casa cando se dirixía a un piquete unitario do seu barrio pola folga xeral europea do 14N do 2012 para reinvindicar : non máis paro, non á reforma laboral, non aos recortes sociais, non á privatización da sanidade, da ensinanza...foi o único apresado en Europa e aplicouselle un réxime F.I.E.S, réximen de illamento dentro sa prisión, a causa dun montaxe policial no que se lle acusa, sen proba algunha, de tenza de explosivos. Grazas a vosa solidariedade e movilizacións internacionais do día 28 de decembro do 2012 fomos capaces de quebrar o silencio informativo que pretendía mantelo no ostracismo e sacalo do cárcere aos 56 días de ingresar, é dicir o 9 de xaneiro do 2013.

A represión no Estado Español foi en aumento de forma escalandalosa ata chegar a uns límites insospeitados de falta de liberdades. Somos varias decenas de miles con multas, máis de mil as persoas imputadas e moitísimos centos con petición de cárcere por participar nas loitas sociais, políticas e sindicais, a Alfon a fiscalía pidelles 5 anos e medio de prisión. Ante isto debe de haber unha resposta que demostre que a clase obreira está xuntan e que non permitirá que encarlen a quenes loitan polos dereitos da clase traballadora, a quenes se enfrentan a iste sistema opresor que pretende destruir as nosas vidas. Por isto facemos un chamamento para que vos sumedes ás movilizacións que imos realizar pola absolución de Alfon.

Concentración ás 19.00 pm na sub-delegación do goberno en Ourense.

¡Libertad e retirada dos cargos de todas as represaliadas por loitar!

¡Viva a loita da clase obreira!

Conta solidaria: ES33 0487 0542 0005 1729 (a nome de nais contra a Represión)

Facebook: Grupo Apoyo Alfon            Twitter : @Alfon_libertad

venres, 12 de setembro de 2014

A ruína dun pobo!

O colexio Ben Cho sey do Pereiro de Aguiar recibe a visita do rei, da raíña, do Ministro de Educación, Wert, e o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez. Rexeitamos esta visita e chamamos ás alumnas e a calquer persoa a indignarse ante a chegada dunha institución con tintes fascistas e só un mero despoxo do antiguo réxime social, tamén ante a chegada do Ministro de Educación, Sr. Wert,  que implantou nas nosas aulas a LOMCE, a lei de educación que é un importante retroceso nesta, por convertila aínda máis nunha educación clasista, adoutrinadora, sexista e centralizadora. Por todo isto anímamosvos a acudir á concentración do 15 de setembro ás 20.00h. na sub-delegación e a subir o día 16  ata o único colexio público  que hai en Pereiro de Aguiar .



Contra todo tipo de dominación!

Por unha educación unhna autoxestionada, científica, ecléctica, feminista, libre, pública e en galego!

martes, 9 de setembro de 2014

Voltamos con máis ganas e cas mesmas loitas!

A través do presente comunicado, o CEL Ourense pretende informar sobre algunhas das novas acontecidas neste verán e que cremos que se deben saber para tomar conciencia.


Comezaremos falando do conflicto entre Palestina e Israel, que leva en activo dende o 1948 ca creación do Estado Israelí, pero neste verán tiveron lugar acontecementos moi polémicos. Na súa intención de expandirse por todo o territorio palestino e respaldado por potencias capitalistas, destacando EEUU, que colabora directamente, doando armas. Israel comezou a atacar a cidade de Gaza (Palestina) e os seus arredores. O Estado de Israel  bombardeu Gaza sen piedade, sembrando o terror na cidade e rematando inxustamente ca vida de moitos civiles inocentes. Aínda que Israel negue estar atacando obxectivos civís, e defenda estar centrando os ses atques nas sedes de Hamás e os seus membros, pódese probar que a realidade é outra diferente: a de un pobo masacrado por as tropas de Israel.


A situación no Curdistán vese en gran medida afecta pola Guerra de Siria. Neste lugar, o pobo curdo conseguíu aplicar o confederalismo democrático (método de organización social baseado no municipalismo libertario) nalgunhas zonas do noroeste de Siria. Alí, mediante a formación de YPG ou milicias populares curdas, faille fronte ao fundamentalismo islámico (subvencionado por potencias da OTAN) e ás forzas do réxime de Assad. O fundamentalismo islámico tamén avanzou cara Iraq, polo que as curdas revolucionarias tamén enviaron reforzos para combater alí, malia nalgúns casos ser rexeitados.


Outro exemplo de imperialismo é o conflito en Ucranía atopamos un choque entre potencias imperialistas e un problema ligado á cuestión nacional: un bando respaldado pola UE, controla o Goberno de Kiev e conta con elementos fascistas, enfróntase a outro (Nova Rusia) en parte ligado a Rusia e que agrupa baixo o seu paraugas unha gran diversidade de ideoloxías.
En maio, o Subcomante Marcos faleceu, deixando quen levaba ese pseudónimo o paso ao personaxe Subcomante Insurgente Galeano, en honra a un zapatista caído durante o 2014.


Por outro lado a violencia machista estanos a asoballar, só no mes de agosto máis de dez mulleres no Estado español foron asasinadas a mans das súas parellas e xa van máis de corenta no que vai de ano.Preguntámonos  cómo podemos permitir que isto aconteza, a resposta é sinxela, vivimos nunha sociedade machista e  heteropatriarcal, que nos obriga ás mulleres a sumisión ante o xénero masculino, ante os canones de beleza impostos, a enfrontarse polo mero feito de ser muller a constantes degradacións pola rúa e condicións aínda máis precarias ca os homes, a non ter voz para decidir sobre o noso corpo. Nesta última frase referímonos a Lei do Aborto, lei promovida polo Partido Popular que prohibirá ter o dereito a decidir se querer abortar, elíminando así o dereito a poder decidir o que facer co noso corpo e rebaixando aínda máis os dereitos das mulleres.

Dende o Colectivo Estudantil Libertario de Ourense condeamos todos estes ataques cara á liberdade, xa sexan por potencias imperialistas ou a ferramenta de dominación que é o heteropratriarcado por iso berramos pola liberdade dos pobos, por unha sociedade feminista.

domingo, 13 de xullo de 2014

Non ao xenocidio palestino!



Dende CEL Ourense queremos condear a oleada de violencia que está a padecer o pobo palestino. Esta, efectuada polo Estado israelí dende hai décadas e contando co respaldo de potencias imperialistas, realízase contra a poboación civil, e nos últimos días provocou centenares de mortes e máis de 10.000 persoas refuxiadas.


Por isto e outras razóns, chamamos a todo o mundo a acudir á concentración que terá lugar o día 14 de xullo ás 20.00 na Praza do Ferro, na que se condeará esta violencia.

Viva a loita de todas as oprimidas do mundo!

mércores, 21 de maio de 2014

Contra a farsa parlamentaria, loita obreira!


Mentres a clase obreira sofre os problemas do capitalismo, mentres as mulleres e as persoas LGTBI sofren a opresión heteropatriarcal, mentres migrantes son reprimidas por nacer noutro lugar, as forzas electorais non teñen outra cousa que facer que chamarnos a acudir ás urnas para ter representación nun parlamento inútil e burgués.

Dende este, é imposible resolver nada, xa que mentres exista unha minoría privilexiada como é a burguesía, esas eleccións son ilusorias e antidemocráticas. A representación actual é unha ficción, xa que para a clase obreira é imposible controlar ás persoas que din que lle representan, e unha vez que adquiren o seu escano, van deixando de lado os seus ideais en contra das oprimidas para favorecer aos grupos dominantes, é dicir, acaban por corromperse. É por iso, que nun sistema onde a explotación e a desigualdade están á orde do día, as forzas que din representar ao pobo están corrompidas e ao servizo dunha minoría privilexiada.

A institución da actual UE, non é máis que unha reproducción do Estado, e como tal, é sinónimo de dominación, corrupción, represión e opresión. As políticas que esta favorece e as invasións imperialistas que fomenta, son boas probas disto. Do mesmo xeito que o Estado, a actual UE só pode estar ao servizo da clase capitalista.

É por iso, que dende o CEL Ourense, CNT Allariz, CGT Ourense e Colectivo Trapo Negro chamamos á abstención, co fin de cuestionarnos o actual sistema imperante. Somos conscientes de que todo cambio só pode vir da organización e da loita, e como tal, cremos que estas son o único camiño para avanzar cara unha Europa e un mundo libres e igualitarios, nos que desapareza toda forma de dominación (Estado, capitalismo e heteropatriarcado) e que garantan a libre autoderminación dos pobos. Un mundo que só pode organizarse mediante o socialismo libertario, que implica unha organización baseada na democracia directa, asemblearia e federal. Unha forma de xestión que garante a participación de todos os individuos.

Contra toda forma de dominación!

Loitar, crear, poder popular!

venres, 16 de maio de 2014

Por un 17 de maio reivindicativo!

O 17 de maio celébrase o Días das Letras Galegas, no que tratamos de reivindicar a lingua e a literatura galegas. Con todo, isto queremos denunciar a actitude hipócrita que se exerce dende as institucións, que en parte son responsables da reducción do número de falantes do noso idioma.

O Estado foi un axente determinante na desaparición do idioma. Este impuxo a centralización e, a través da burocracia administrativa e da educación que ofertaba, favoreceu o desprazamento do uso do galego en favor do castelán, tanto a nivel escrito como oral, nun proceso que comezou no S. XV e que tivo maiores efectos co paso do tempo. Os gobernos central e autonómico, pola súa banda, tratan de finxir que son favorables ao uso do idioma cando pola súa conta toman medidas que o perxudican, como é o caso da reducción das horas da materia de galego no ensino.

O capitalismo, pola súa banda, foi outro axente que favoreceu o desenvolvemento do galego, xa que por unha banda as empresas nunca usaron no pasado neste idioma (e hoxe en día úsano só unha minoría) e por outro favoreceu a introducción do castelán a través do uso que lle daba ás estruturas de comunicación que creaba. Isto último, intensificouse no actual proceso de globalización, que tamén afecta negativamente á cultura e idioma de moitos pobos do mundo.

Moitos medios de comunicación tamén foron un elemento que se amosou contrario ao galego, xa que rexeitaban usar este e favoreceron (igual que o Estado)  que se crease unha visión contraria ao galego. Na actualidade, o número de medios de comunicación que usa o galego segue a ser escaso aínda.

Por outra banda, queremos denunciar o escaso número de mulleres ás que se lle dedicaron o Día das Letras Galegas. Isto é froito da discriminación patriarcal, que está presente en todas os ámbitos da vida.

Por todo iso, chamamos a celebración dun Día das Letras Galegas reivindicativo e a loitar polo uso da nosa lingua.

Pola autodeterminación dos pobos do mundo!
Contra toda forma de dominación!

Madrid 14-16 xullo: I Congreso Libertario Estudantil


Varias agrupacións estudiantís libertarias (ALE, CEL, ELS, FAEM, FES, FJL...) de distintos puntos do Estado español emprenderon ao longo deste curso un proceso federativo que culminará en Madrid, este verán, coa celebración dun primeiro congreso libertario estudantil a nivel estatal.

O obxectivo deste congreso é formalizar unha federación que integre ás distintas agrupacións libertarias de estudantes que apostan por un movemento estudantil independente de intereses partidistas, autoxestionario e que optan pola acción directa, así como determinar a liña de actuación que o movemento estudantil libertario seguirá ao longo do próximo período.
Ao longo destes meses realizouse un proceso de confluencia no que se afirmou a necesidade de que o movemento libertario se inserte nas loitas polo ensino, achegando, ante a ofensiva neoliberal, unha alternativa de proxecto educativo que pase pola xestión popular da ensinanza e o desenvolvemento doutras pedagoxías (libertaria, antipedagoxía, etc). Ademáis disto,  será un obxectivo fundamental actuar como cadea de transmisión que leve os conflictos da sociedade aos centros de ensino e viceversa.

O congreso desenvolverase no centro Garaldea (Chinchón), espazo acondicionado para acoller ás delegacións e desenvolver os debates, os días 14, 15 e 16 de xullo. 

Para contactar ou solicitar información á organización do congreso habilitouse o seguinte correo: 
info@congresolibertarioestudiantil.org


Do mesmo xeito, para favorecer a difusión do congreso, habilitouse unha páxina web (http://www.congresolibertarioestudiantil.org) e contas de Facebook (https://www.facebook.com/profile.php?id=100008253667250&fref=ts) e Twitter (https://twitter.com/CongresoLibEst).