venres, 16 de maio de 2014

Por un 17 de maio reivindicativo!

O 17 de maio celébrase o Días das Letras Galegas, no que tratamos de reivindicar a lingua e a literatura galegas. Con todo, isto queremos denunciar a actitude hipócrita que se exerce dende as institucións, que en parte son responsables da reducción do número de falantes do noso idioma.

O Estado foi un axente determinante na desaparición do idioma. Este impuxo a centralización e, a través da burocracia administrativa e da educación que ofertaba, favoreceu o desprazamento do uso do galego en favor do castelán, tanto a nivel escrito como oral, nun proceso que comezou no S. XV e que tivo maiores efectos co paso do tempo. Os gobernos central e autonómico, pola súa banda, tratan de finxir que son favorables ao uso do idioma cando pola súa conta toman medidas que o perxudican, como é o caso da reducción das horas da materia de galego no ensino.

O capitalismo, pola súa banda, foi outro axente que favoreceu o desenvolvemento do galego, xa que por unha banda as empresas nunca usaron no pasado neste idioma (e hoxe en día úsano só unha minoría) e por outro favoreceu a introducción do castelán a través do uso que lle daba ás estruturas de comunicación que creaba. Isto último, intensificouse no actual proceso de globalización, que tamén afecta negativamente á cultura e idioma de moitos pobos do mundo.

Moitos medios de comunicación tamén foron un elemento que se amosou contrario ao galego, xa que rexeitaban usar este e favoreceron (igual que o Estado)  que se crease unha visión contraria ao galego. Na actualidade, o número de medios de comunicación que usa o galego segue a ser escaso aínda.

Por outra banda, queremos denunciar o escaso número de mulleres ás que se lle dedicaron o Día das Letras Galegas. Isto é froito da discriminación patriarcal, que está presente en todas os ámbitos da vida.

Por todo iso, chamamos a celebración dun Día das Letras Galegas reivindicativo e a loitar polo uso da nosa lingua.

Pola autodeterminación dos pobos do mundo!
Contra toda forma de dominación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario